Conversas na auga
Xa vai para 50 anos (II)
Unha pequena engádega. Veño de ver con ledicia un inserto de Miguel Guti en Galiza na transición.
Remexendo
Remexendo nos textos de debate da conformación do BNG no ano 1982 atopo en A NOSA TERRA un artigo meu contestando a outro de Méndez Ferrín referido ao PSG, a eses debates e á celebración do Día da Patria Galega dese ano.
Sempre admirei o Ferrín escritor, pero o Ferrín “político” sempre me pareceu un tanto “gamberrete”, un esquerdismo “epatante”, xenio e figura. Trazos que por certo levo visto en anos pasados no comportamento da FPG nos procesos de En Marea.
Poño o texto tal cal, incluída a grafía que utilizábamos daquela, sen correccións. Creo que é froito daquel momento no que o PSG que viña de sufrir o esgazamento dos que decidiran facer un pacto co PSOE, o roubo das siglas, etc. e a pulsión por contribuír a algo mellor para Galiza. Daqueles tempos viñeron os “gloriosos 90’s” do BNG, do sorpaso ao PSOE, do Galeusca, etc.
O misterio de ELX desvelado
Había moitos anos que tiña gañas e foi este mes de outubro que puiden asistir. Íamos ir o ano da peste 2020 pero non foi posíbel.
Dende que vin a peli “Peppermint frappé” de Saura aló polo ano 67 ou 68 devecía por velo, o alucinante Trinari acompañoume nestes cincuenta e tantos anos, ás veces refrescado pola escoita da gravación de Hispavox en vinilo que conservo.
Teño asociadas esas músicas aos anos finais da década dos 60, o tardofranquismo da fase tecnocrática do Opus, un sopro máis ou menos críptico do devezo de modernización e apertura democrática que tiñamos como sociedade sometida a unha ditadura que parecía eterna, de feito tardou aínda case outra década en rematar; como e o que deu de si a Reforma do 78 é outro tema.
PIONEIROS PARVOS?
Veño de ler esta noticia e os conseguintes comentarios en diversos foros nacionalistas galego que saúdan con interese esta noticia -eu tamén- ao tempo que seguen a demonizar as iniciativas que neste sentido se teñen producido nada menos que hai 11 anos no BNG da man do daquela Encontro Irmandiño integrado no BNG, e que e reproduzo na súa integridade:
O DILEMA
Escribia hai uns meses en “A Peneira”
“Temos unha poboación envellecida, a nosa xente nova está a marchar -máis preparada que nunca-, buscarse a vida alén das nosas fronteiras, unha auténtica enxurrada de futuro que se perde, o rico mundo rural, a gandaría e agricultura esmorecendo, os montes enchéndose de eucaliptos, as fábricas a pechar nun proceso de desindustrialización brutal, desapareceu o pouco que había parecido a unha banca galega como as caixas de aforros. Non estamos ante nada pasaxeiro, é estrutural ese desaxuste de Galiza no Estado Español. Non hai corpo que aguante a sangría que sofre o noso País. Sinceramente, pouco ou nada se albisca, dun futuro mellor de non mudar radicalmente as cousas.”
Que tiñamos na cabeza cando fundamos o BNG?
A Fundación Galiza Sempre pídeme participar nun proxecto audiovisual sobre o 40 aniversario da fundación do BNG. Agradezo moito terme chamado para partillar as miñas lembranzas Isto é unha transcrición aproximada porque entendo que todo o que dixen por mor da brevidade e de dar cancha a outros entrevistados non vai poder ser recollido na súa integridade.
A maldición dos López loiros
“O cronista que fai relación dos acontecementos sen distinguir ente os grandes e os pequenos responde así á verdade de que nada do que tivo lugar algunha vez debe darse por perdido para a historia. (…) Acaso nas voces ás que lles prestamos oído non resoa o eco doutras voces que deixaron de soar? É tarefa máis ardua honrar a memoria dos seres anónimos que a das persoas soadas. A construción histórica está consagrada á memoria dos que non teñen nome”.
Veño de recibir o magnífico traballo do meu amigo Carlos sobre a persecución franquista no Val de Miñor. https://www.laiovento.gal/CATALOGO/1070/CATAS-NA-MEMORIA.html Na introdución recolle esta moi boa cita de W. Benjamin que ven moi a conto deste inserto meu porque ten razón, as pequenas cousas son as que explican e complementan as grandes cousas, do mesmo xeito que a vida cotián nun momento histórico determinado, unha anécdota, unha imaxe explica e mesmo xustifica os cumes que sobresaen.
Xa vai para 50 anos (I)
Foto do lavadoiro do PIpelo e da Fortaleza, hoxe o Cantón
Colaboración aumentada para publicación do 50 aniversario da Agrupación “Francisco Lanza”
O título desta fermosa película de Fellini na que, el xa vello, tira das súas lembranzas de neno na súa vila natal, incítame do mesmo xeito a tirar eu da miña memoria para apuntar na celebración do 50 aniversario da Agrupación Cultural cousas que teño gravadas moi dentro. Como tiña limitación de espazo, agora nesta versión para o blog engado algún detalle máis.
O núcleo inicial que deu lugar a moitas historias posteriores foi un grupo de nacionalistas cos que tiven a sorte de atoparme e de conxeniar: Lalo, Falo, Pedro, e outros máis. Lembro que dende o primeiro día incitáronme a falar galego, que daquela eu non tiña como lingua usual aínda que xa gostaba dela grazas aos libros en galego que tiña atopado na nosa casa do Cantón no faiado e que a maioría pertenceran ao noso tío exiliado Juan López Durá, e a un non sei que que me turraba.
Bárcenas-Rajoy un “Pas de deux” con dous finais
Aló polo mes de xullo de 2013 fixen esta pequena colaboración no xornal LV. Nesta categoría de Exhumacións non ven mal facer un pouco de historia. Vai tal cal.
Coma no ballet clásico, tras unha barafunda de danzantes arremuiñadas, a música tórnase máis seria e iníciase o “pas de deux”. Este paso executado por dúas persoas, normalmente unha muller e un home, pero tanto ten para este simil, contén varias figuras canónicas: o “paseo” no que a bailarina sobre a punta dun só pe xira sostida polo bailarín que camiña ao seu redor, as “pirouettes” nas que o bailarín (des)estabiliza á bailarina para que poida xirar cada vez máis veloz, ou a “levantada” na que a bailarina en pose de paxariña é alzada en peso polo bailarín.
Pero ten remedio isto?
(Artigo meu publicado no periódico A PENEIRA de decembro do ano da peste).
Hai que paralos!
Creo que ninguén que teña un pouco de cabeciña pode non darse conta de que cada día que pasa é máis evidente que as cousas van mal para este recuncho que é o noso país Galiza. Non son eu dos que gosta de lamber a feridas e andar choromicando pero tampouco dos que non olla o que está a acontecer sen querer ver todo, o bo e o mau.
Comentarios recentes