Select Page

Conversas na auga

Cogombros agridoces, como a vida mesma!

Cogombros agridoces, como a vida mesma!

INGREDIENTES

Cogombros a ser posible sen madurar moito para que no teña moita semente. Vale calquera tamaño.Vinagre de viño branco. Especias e herbas variadas: mostaza en gran, xenxibre en po, grans de pementa, eneldo, admite o que che guste. Azucre. Auga e sal gordo.

Corta os cogombros consernado a pel nun tamaño regular ao teu gusto, non moi finos e ponos nun coador con un bo puñado de sal gordo unha media hora, despois pasa por auga lixeiramente baixo a billa e deixar escorregar ben. Méteos nun recipiente e cóbreos co liquido quente.

Ler máis

Rematou?  A Peste segundo Camus (X)

Rematou? A Peste segundo Camus (X)

Teríalle gustado voltar ser aquel que, ao principio da epidemia, desexaba dun so brinco chimpar fóra da cidade

…e lanzarse ao encontro desa que amaba. Pero sabía que iso xa no era posíbel. Todo tiña cambiado, a peste tiña inoculado nel un despiste que, con toda a súa forza, trataba de negar, e que, sen embargo, continuaba dentro del como unha xorda anguria. En certo sentido, tiña a sensación de que a peste rematara demasiado bruscamente. A felicidade viña a toda velocidade, os acontecementos ían máis rápido que a espera. Rambert sabía que todo lle seria entregado dun golpe e que a ledicia é unha queimadura que non se pode saborear.

Ler máis

Amarcord

Amarcord

Rousseau en “Les Confessions”:

« Je n’ai rien tu de mauvais, rien ajouté de bon; et s’il m’est arrivé d’employer quelque ornement indifférent, ce n’a jamais été que pour remplir un vide occasionné par mon defaut de mémoire. J’ai pu supposer vrai ce que je savais avoir pu l’être, jamais ce que je savais être faux.

Toda unha proclama -e aviso a navegantes, por certo-, do seu autor no que e considerado o primeiro, e canónico, libro de memorias da historia da literatura. Unha proclama da súa honradez ao tempo que un aviso a quen tente meter a navalla a atopar inexactitude. Trataríase de ornamentacións varias ou falla de fidelidade aos feitos por falla de memoria no escrito. Rousseau defende a veracidade do que relata, iso si, sométese ao xuízo do lector mellor informado.

Ler máis

Festa rachada. A peste segundo Camus (IX)

Festa rachada. A peste segundo Camus (IX)

 

Como isto vai para longo demorei moito seguir co meu “La peste” de Camus, teño unhas páxinas sen rematar, como se non puidese facelo mentres esta praga que nos asola non dea rematado. Será unha secuela anímica?

Leo na novela:

Ler máis

Traxedia ou farsa

Traxedia ou farsa

“Hegel di nalgunha parte que todos os grandes feitos e personaxes da historia universal aparecen, coma se dixésemos, dúas veces. Pero esqueceu de engadir: unha vez como traxedia e a outra como farsa”.”Der Achtzehnte Brumaire des Louis Bonaparte” Karl Marx 1852

“Os homes fan a súa propia historia, pero no a fan ao seu libre albedrío, baixo circunstancias que eles propios escollen, senón baixo aquelas circunstancias nas que se atopan, que existen e que lles foron legadas polo pasado” segue o texto citado case que ao inicio, e isto ven a conto de que eu percibindo en moitos de nós que cremos coñecer e actuamos cun como se chama agora “adanismo” que deixa en cativo nivel as nosas análises á luz da historia, aínda que sexa ben recente.

Ler máis

Orán ou Aushwitz? A peste segundo Camus (VIII)

Orán ou Aushwitz? A peste segundo Camus (VIII)

Seica máis aló dos cambios de actitude que provoca nas distintas persoas unha praga como a peste nunha colectividade, “La Peste” sempre foi lida como unha grande metáfora de como reaxiron os franceses ante a ocupación alemá nazi. Poucos parágrafos son tan evidentes como estes que traduzo hoxe.

No nivel no que permaneceu a peste a partir do mes de agosto, a acumulación de vítimas rebordou con moito as posibilidades que se podía permitir o noso pequeno cemiterio. Tivérase a ben botar abaixo un dos panos do balado, para dar aos mortos un desafogo nos terreos da contorna, pero axiña houbo que atopar outra fórmula. De entrada, decidiuse enterrar os mortos pola noite, o que permitiu tamén, deixar de lado algúns miramentos. Podíanse amorear os corpos cada vez máis e máis nas ambulancias. Paseantes tardíos que, saltándose as normas, aínda andaban nos bairros da periferia despois do toque de queda (ou os que non tiñan outra polo seu traballo) atopaban ás veces grandes ambulancias brancas desfilando a toda velocidade facendo resoar o súa sirena deslucida nas rúas ocas da noite. Precipitadamente os corpos eran arroxados nas fosas. Aínda ben non tiñan rematado de basculalos cando xa as padas de cal viva cubrían as súas faces e a terra cubríaas de xeito anónimo, en buratos que cada vez furaban mais fondos.

Ler máis

Os enterros. A Peste segundo Camus (VII)

Os enterros. A Peste segundo Camus (VII)

A noite tamén chegara aos corazóns e as verdades como as lendas que se contaban a respecto dos enterros non estaban precisamente feitas para tranquilizar aos nosos concidadáns.

Tratase de falar dos enterros tamén, pero o narrador ten pudor, pide desculpas. Sabe que se lle pode reprochar por iso, pero a única desculpa é que os enterros sucedéronse ao longo de todo este tempo e que, dalgún xeito, foi obrigado, como todo o mundo, por certo, a ocuparse deles. Non se trata, en calquera caso, que guste dese tipo de cerimonias, é máis, prefire a sociedade dos vivos, e por poñer un exemplo, os baños no mar. Pero, aínda por riba, os baños de mar foran prohibidos e a sociedade dos vivos temía ao decurso da xornada verse obrigada a ceder o paso á sociedade dos morto. Era evidente. Certamente que sempre se podía facer o esforzo de non vela, trancar os ollos e rexeitala, pero a evidencia ten unha forza terríbel que sempre arrastra todo. Como, por exemplo, negar os enterros o dia que lle toca aos teus seres queridos ir ao sepulcro?

Ler máis

Rompendo a corentena mental

Rompendo a corentena mental

Tiña pensado darlle voz só ao Albert Camus para non falar deste pesadelo que nos veu de imprevisto e que está a trastocar todo, todo, mesmo a maneira de razoar.

Non digo nada dos media porque eses sempre estiveron ao que estiveron, pero o que vexo as rrss mete medo o que nos está a pasar.

Ler máis

Categorías

Comentarios recentes