Select Page

Conversas na auga

A peste segundo Camus (VI)

A peste segundo Camus (VI)

Sigo co Camus. A verdade que vexo un problema ao traducir “homme/s” porque moitas veces hoxe non sería correcto e non inclusivo, máis ben habería que traducir por “persoa/s”. Son consciente diso pero respecto o orixinal.

XII. Así pois, ao longo das semana, os prisioneiros da peste levábano como podían. Algúns, como Rambert, chegaban incluso a imaxinar, ben se vía, que aínda eran homes libres, que aínda tiñan libre albedrío. Pero, de feito, daquela xa se podería dicir, a meiados de agosto, que a peste abarcaba todo. Xa non había destino individual, só unha vivencia colectiva que era a peste e sentimentos compartidos por todos. O máis grande era a separación e o exilio co que conlevaba de medo e de revolta.

Ler máis

A peste segundo Camus (V)

A peste segundo Camus (V)

Breve conversa entre o xornalista Rambert que quere escapar da cidade para ir coa súa moza en París, co funcionario Tarrou e o médico Rieux que están a organizar patrullas sanitarias.

Preguntoulle a Rieux como andaban as formacións sanitarias. Había xa cinco equipas de traballo. Agardaban conformar aínda máis. O xornalista estaba sentado sobre o seu leito e parecía moi ocupado nas súas unllas. Rieux fitaba a súa silueta pequena e vizosa, encrequenada no borde da cama.

– Sabe, doutor, dixo, teño matinado moito sobre a súa organización. Se non colaboro con vostede é porque teño  as miñas razóns. Polo demais, creo que eu xa fixen abondo pola humanidade, fixen a guerra en España.

– En que bando? preguntou Tarrou.

– No dos vencidos. E dende aquela teño reflectido un chisco.

– Sobre que? comentou Tarrou.

– Sobre a afouteza. Agora sei que o home á capaz de grandes accións. Pero se non é capaz de grandes sentimentos, non me interesa.

– Teño a impresión de que somos capaces de calquera cousa, dixo Tarrou.

-Non, o home é incapaz de sufrir ou de ser feliz durante moito tempo. Logo, non é capaz de nada que mereza a pena.

Ler máis

A peste segundo Camus (IV)

A peste segundo Camus (IV)

Hoxe escolmo uns anacos que Camus adica ao voluntarismo e determinación dalgúns oraneses fronte a resignación cristián orneada dende os púlpitos.

VIII. O narrador no tiña intención de darlle mais importancia a esa cuadrillas sanitarias da que tiñan. Outros moitos dos nosos concidadáns no seu lugar cederían á tentación de esaxerar ese traballo. Pero o noso narrador está máis tentado de crer que dando demasiada importancia a esas boas accións, estaríase a fin de contas facendo unha homaxe indirecta pero poderosa ao mal.  Pois deixaría entrever a sospeita de que esas boas accións non custan tanto porque son raras e que a maldade e a indiferenza son os motores máis comúns nas accións das persoas. Pero esta é unha idea que o narrador non comparte. O mal que hai no mundo vén case sempre da ignorancia, e a boa vontade se non é ilustrada pode facer tantas desfeitas como a maldade. Os homes son máis ben bos antes que malvados, pero en verdade ese non é o asunto. Ora ben, ignoran en maior ou menor medida, sendo a iso ao que se lle chama virtude ou vicio, o vicio máis desesperanzador é o da ignorancia que cre saber todo e que se permite a si propio matar. A alma do verdugo é cega e non hai verdadeira bondade nin amor verdadeiro sen a máxima clarividencia posíbel.

Ler máis

A peste segundo Camus (III)

A peste segundo Camus (III)

Seguimos coa lectura do noso Camus e seguimos atopando, mutatis mutandis, cada vez máis paralelismos entre a Arxelia de 1947 e o que estamos a vivir nesta parte do mundo na que estamos.

VI. En vano, todas as noites nos bulevares, un vello iluminado, con chapeu de feltro e un pasado de moda enorme lazo á Lavallière,

…sortea o xentío repetindo sen cesar: “Deus é grande, vinde a el”, todos diríxense en dirección contraria cara algunha cousa sen saber moi ben o que pero que lles parecía máis urxente que Deus.  Ao principio, cando pensaban que era unha enfermidade como calquera outra, a relixión tiña o seu espaza. Pero en canto se viu que isto era serio, acordaron de desfrutar. Toda a anguria que despois dunha longa xornada amosan as súas facianas devía, nun solpor ardente e poeirento, nunha especie de excitación esvaida, unha liberdade sen xeito que enfebrecía a todo o mundo.

Ler máis

A peste segundo Camus (II)

A peste segundo Camus (II)

Os virus varían e mutan, pero Nós seguimos a ser os mesmo bechiños.

Seguindo o relato de Camus vou escolmando anacos que vexo de interese e que caracterizan a evolución da cidade de Orán, pechada en si mesma pola peste bubónica, e con certas concomitancias co que estamos a vivir neste confinamento primaveral do Coronavirus. Seica os virus son uns expertos na mutación: Nós, humanos, non deixamos de ser o mesmo bichiño despois de varias décadas, ainda que tamén, hai que recoñecelo, estamos a percibir alguhas mutacións, sobre todo nos temperamentos por mor do peche.

Ler máis

A peste segundo Camus (I)

A peste segundo Camus (I)

O que ten estar recluido é o tempo que podes adicar a cousas que noutros momentos non poderías nen se che pasarían pola cabeza, como poder transmitir sensacións, ideas e pensamentos sobre o que está a pasar.

A verdade que cando me puxen a reler “La Peste” de Camus, cheguei á conclusión de que todo estaba escrito, e xa que logo moito mellor ca min. Por iso adiqueime a traducir do francés ao galego uns pequeno anacos soltos da edición na colección Folio de Gallimard 1947. Xa sei que está traducida ao galego, pero isto tamén é para matar o tempo, aí van uns poucos, seguirei: Ler máis

Os teus contactos mortos

Os teus contactos mortos

Supoño que todos máis ou menos tivemos algunha baixa na nosa listaxe de contactos no móbil. É ben certo que máis cando tes uns aniños e menos cando aínda che queda moito percorrido.

Ti cantos levas?

Teño que recoñecer que non borrei ningún, na miña descarga tamén que non os teño contados, pero a ollo seguro que pasan ben dun par de ducias. Non é moito, dado que en total ando polos 1.000 pasados, pero ultimamente vaise acelerando a cousa… digamos que inexorabelmente.

Ler máis

Os pardais de Enschede

Os pardais de Enschede

A Coruña sen pardais?

Hai un par de anos que veño observando unha diminución drástica dos pardais na nosa cidade. Aínda hai ben pouco estes simpáticos paxariños viñan comer as migallas que caían das nosas mesas cando estabamos nunha terraza dun bar o cafetaría, hoxe case nin se ven.

Ler máis

Non será porque non se avisou. Maastricht revisado

Non será porque non se avisou. Maastricht revisado

Non hai como revisar a historia, non só a dos feitos, senón tamén a do pensamento e a da acción política. Lembro aqueles tempos non que moitos diciamos “Mercado Común Europeo, ruína do pobo galego” e eramos alcumados de catastrofistas, retrógrados contrarios a un mundo feliz de cidadáns europeos iguais. Prometíanos o paraíso, a modernidade, unha “converxencia” con esa Europa dourada que dende o illacionismo do franquismo se nos presentaba como a única saída cara o benestar.

Hoxe, temos moita máis capacidade para xulgar estes procesos de integración europea, a resultante para o noso País, na nosa economía e mesmo na nosa poboación, do que provocaron o Tratado de Maastricht e os que viñeron despois.

O cabreo de Macrón do que tanto se fala destes días, o austericidio imposto pola Alemaña de Merkel, a morte implacábel da economía grega, a fuxida do RU, etc… non deixan de estar xa implícitos e mesmo “prognosticados” neste traballo feito or XM Beiras e Xesús Veiga para o BNG. Tratado de Maastricht 1. Lúcido e terribelmente agoreiro. Paseino dunhas fotocopias mecanografadas a un pdf, creo que mantiven todo menos o paxinado, tamén o xeito de escribir o galego de hai 17 anos ten o seu aquel.

Ler máis

Os gatos mimosos de Istanbul

Os gatos mimosos de Istanbul

É ben sabido, e tense escrito moito sobre diso, da hecatombe gatuna que induciu a súa satanización pola Igrexa Católica, provocando unha persecución que deu nunha proliferación desmesurada das ratas e ratos, por ausencia do depredador nato, vehículo idóneo para á propagación da peste negra na Europa do século XIV, praga que deixou reducida a poboación dalgúns lugares a un terzo da que tiña antes do andazo.

https://culturacolectiva.com/historia/la-gran-matanza-de-gatos-influyo-en-la-proliferacion-de-la-peste-negra

Ler máis

Categorías

Comentarios recentes