Select Page

Conversas na auga

Ao outro lado da Marola

Ao outro lado da Marola

Hoxe o mal tempo, causas descoñecidas polo momento, a falla de previsión tal vez, non ter feito nada serio para paliar estas catástrofes, fan que o outro lado da Marola estea de actualidade, de triste actualidade.

De novo o noso mar, a nosa costa en perigo aínda que digan que por sorte estaba baleiro. Non podemos resignármonos. Dende “Fronte a Marola” non podiamos ficar calados: NUNCA MÁIS!

Foto de Iria. Grazas.

Extinción?

Extinción?

Veño de ver o filme “O que arde” teño que dicir que me impactou fortemente. O sentimento de empatía, de ser o mesmo que as persoaxes, aló no fondo, é vívida.

Ler máis

A patria da primeira vez

A patria da primeira vez

Onte asistín a un acto de despedida dun mozo, fillo dun bo amigo, que morreu nun accidente de tráfico, sen avisar, como adoitan acontecer estas desgrazas. Un acto emotivo, de poñer as sensibilidades a flor de pel e de ollos húmidos, cando non de saloucos. Pero non é iso o que me ficou mais vívido, máis marcado.

Ler máis

Por que satanizar a nación?

Por que satanizar a nación?

Estes días que andei un pouco recluído e tiven tempo para fedellar en cousas que tiña gardadas atopei unha tese do PSG que se aprobara nun Congreso creo que aló polo 1978  nunha sesión celebrada no Quiosco Alfonso da Coruña. Tiña reflexións moi interesantes sobre as nacións e as clases sociais na Historia, si, Historia así con maiúscula.

Agora que anda todo tan revolto, tempos nos que a perversión da palabra que comentaba nun post o outro día, cando á cuestión nacional se lle chama problema territorial, ou cando se iguala nacionalismo liberador co imperialismo agresivo, hai argumentos que recollo e poño aquí a seguido. Trátase mesmo dunha paráfrase ou dunha adaptación do texto orixinal ao meu xeito de contalo. É moi longo, xa o sei, pero podes facer unha lectura rápida nos destacados e se che interesa entra no texto completo

Ler máis

A palabra … é a palabra!

A palabra … é a palabra!

Repensando e repasando algunhas lecturas, así como tendo presentes algunhas vivencias máis ou menos recentes, non deixa de seguir sorprendéndome a vixencia de cousas como o famosísimo e moi mencionado “1984” de George Orwell ou o lúcido “LTI” de Victor Kemplerer.

“A linguaxe do vencedor… non se fala impunemente. Esa linguaxe respírase e vívese segundo ela», Kemplerer.

 https://www.hislibris.com/lti-la-lengua-del-tercer-reich-%E2%80%93-victor-klemperer/

“La guerra es la paz” “La libertad es la esclavitud” “La ignorancia es fuerza” son as máximas que o Partido da Oceania orweliana pretende inculcar para o control total das persoas. Orwell

 http://www.misteriosaldescubierto.es/2015/03/1984-es-ahora-la-guerra-es-paz-la.html

Ler máis

Un libro fraternal

Un libro fraternal

Simpático libro e moi oportuno que non oportunista. Só unha chata, non está en galego. Tivo a ben agasallarmo cousa que lle agradezo.

Onte na feira do comic da Coruña un tal López veu presentar un seu libro de banda deseñada publicada en varios medios galegos nos últimos tempos. É unha pena que non manteña o idioma orixinal, pero aínda así merece a pena, se queredes saber de que vai -ainda que a capa que reproduzo é totalmente explícita-, mercádeo.

Pois este tampouco queda corto

Pois este tampouco queda corto

Lembrades o Demian de Hesse? O estigma de Caín

 

Hai uns día subín o coral de Bach “Nas ourelas dun rio”, magnífico, pero este Passacaglia de Buxtehude non queda atrás. Un auténtico avanzado, dunha xeración anterior ao grande Bach.

 

Para escoitar a véspera do Dia da Patria

Para escoitar a véspera do Dia da Patria

Do mellor de Bach, que non é pouco!

 

Espero que vos guste este coral que para min é bestial! Como vos dicia é do mellorciño de Bach ao meu parecer, non sei por que pero sempre me pareceu conmovedor. O pobo xudeu chorando o seu exiliio nas ourelas do Eufrates debecendo pola Patria perdida. Parece que se escoita o marmurio das augas e os queixumes das xentes, tremendo baixo o xugo de Nabucodonosor. Moito mais terribel que o famoso “Va pensiero” de Verdi.

Ler máis

Categorías

Comentarios recentes