Select Page

Veño de ler esta noticia e os conseguintes comentarios en diversos foros nacionalistas galego que saúdan con interese esta noticia -eu tamén- ao tempo que seguen a demonizar as iniciativas que neste sentido se teñen producido nada menos que hai 11 anos no BNG da man do daquela Encontro Irmandiño integrado no BNG, e que e reproduzo na súa integridade:

“ENCONTRO IRMANDIÑO

Para a Comisión Executiva Nacional do BNG  03/03/11

Os membros integrados no Consello Nacional elixidos na lista do Encontro Irmandiño solicitamos desa Comisión Executiva Nacional a inclusión na orde do día do vindeiro Consello Nacional o seguinte punto: “Análise, valoración e medidas a tomar para rexenerar o BNG e recuperar a súa función coma referente político primordial perante a sociedade galega”

A NOSA ANÁLISE E VALORACIÓN:

O nacionalismo é un fenómeno sociopolítico que soborda os límites das organizacións, e a súa unidade un obxectivo irrenunciábel. A maioría do nacionalismo galego participou na creación do BNG que durante máis de tres lustros foi un exemplo de organización plural e de éxito, non so electoral, eido no que chegou a ser a primeira forza da oposición a un fraguismo en declive, senón e máis importante, chegou a hexemonizar social e ideoloxicamente á maioría da sociedade galega. É certo que moito se ten desandado polo BNG nos últimos anos da man das componendas co poder, da obsesión pola homologación coas forzas políticas clásicas, de virar as costas á base social e á militancia e da burocratización até quedar inerme para combater aos neofascistas do PP na Xunta, cando máis fácil debía ser pola evidencia da súa política antigalega e antisocial e ante a crueza da crise financeira, económica, social e de representación democrática. Neste proceso de reconstituír a unidade e un referente de carácter político no que todos somos necesarios e ao que queremos incorporar a longa traxectoria do nacionalismo nas súas distintas etapas históricas, queremos, iso si, recuperar os valores de esquerda, cidadáns, democráticos e republicanos da participación, horizontalidade e democracia participativa. Un movemento político en sintonía coa sociedade para ser quen de lle facer fronte á ditadura do capital financeiro e á brigada de demolición de San Caetano, non pode agardar máis.

PROPOSTA DE ACORDO:

O Consello Nacional do BNG acorda abrir sen máis dilación un proceso para a rexeneración da fronte con feitos e medidas concretas que amosen abrir o BNG á sociedade, reintegrándoo como condición previa aos milleiros de xentes nacionalistas de dentro e ás excluídas por expulsión, sectarismo ou cansazo de aturar unhas relacións internas insoportábeis, devolvendo a capacidade de decidir á militancia, recuperando a democracia horizontal e a participación directa, e unha posta ao servizo de todos e todas o aparello burocrático da organización hoxe ao servizo reprodución dunha casta de poder na dirección”.

Galiza, 3 de marzo de 2011

Asinado: Xosé Manuel Beiras Torrado, Xosé Constenla Vega, Mónica Díaz Carrodeguas, Luis Eyre Diéguez, Francisco Gallego Guisán, Mario López Rico, Martiño Noriega Sánchez, Iolanda Pérez Docampo, Lidia Senra Rodríguez, Concha Trigo Portela, Paula Vázquez Verao, Xavier Toba Girón e Margarida Martíns Vilanova”

Pódese comparar coa iniciativa de EH-Bildu:

https://ehbildu.eus/es/noticias/eh-bildu-organiza-un-coloquio-sobre-la-necesidad-de-conformar-nuevas-mayorias-profundizando-en-el-modelo-vasco

2022-06-17

EH Bildu ha organizado una mesa redonda con diferentes representantes de la izquierda vasca con el objetivo de reflexionar sobre los retos a los que se enfrenta Euskal Herria y la necesidad de conformar nuevas mayorías para poder hacerles frente de manera efectiva. La mesa redonda tendrá lugar el próximo miércoles 22 de junio, a las 18:00 horas, en el Kursaal de Donostia. ‘Euskal eredua. Nuevas mayorías’ es el título del coloquio.

EH Bildu nació con el objetivo de ser la casa común de los soberanistas de izquierdas vascos y durante todos estos años, no ha dejado de ampliar su base, consiguiendo llegar a más individuos y sectores sociales. Buena muestra de ello es la charla del próximo miércoles. Representantes significativos de la izquierda vasca compartirán mesa con el coordinador general de EH Bildu, Arnaldo Otegi, para reflexionar sobre los grandes retos a los que se enfrenta nuestro país y el papel que debe jugar la izquierda del país. Así, junto a Otegi estarán Gemma Zabaleta, Javier Madrazo y Manuel Díaz de Rábago.”

Por se alguén non os coñecese:

Javier Madrazo Lavín (Riaño,12 de agosto de 1960) es un político español del País Vasco. Fue coordinador general y presidente de Ezker Batua-Berdeak, y ejerció el cargo de consejero de Vivienda y Asuntos Sociales del Gobierno Vasco de 2001 a 2009, con Juan José Ibarretxe(PNV) como lendakari.

María Gemma Aránzazu Zabaleta Areta (San Sebastián,23 de marzo de 1957) es una política española del País Vasco. Como miembro del Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE), la federación vasca del PSOE, fue Consejera de Empleo y Asuntos Sociales del Gobierno Vasco durante el gobierno de Patxi López entre 2009 y 2012. En su larga carrera política ha sido parlamentaria vasca, senadora, concejala de varios ayuntamientos y alto cargo del Gobierno Vasco y el gobierno foral guipuzcoano. También ha ocupado puestos de responsabilidad internos en el PSE-EE (PSOE), en el que ha destacado dentro de su sector vasquista.

Manuel Díaz de Rábago (expresidente de una sala del TSJPV)

Lamentabelmente as iniciativas do EI foron tiradas ao lixo e seguiu o proceso de acoso e silenciamento dos seus membros no seo de BNG creando unha ambiente irrespirábel que á larga levou ao confronto na Asemblea de Amio. Pero iso é conto de outro día.

Seremos capaces de ollármonos en espellos foráneos e non ter a capacidade de reflexionarmos sobre nós mesmos sen acritude e coa visión posta no futuro?