Select Page

Fronte á Marola

Un blog de Mario López Rico

Isto non é un blog

Ou polo menos non é un blog ao uso como entendo eu que son os blog.

Non é para que o lea ninguén aínda que se o poño na rede pode lelo quen queira, é para min, un exercicio público, se cadra para autocontrolarme (?)

Como era aquelo de plantar unha arbore, ter un fillo, escribir un libro?

Creo que levo plantado ou axudado a plantar bastantes árbores na miña vida, penso que as primeiras foron nun Día da Árbore cando era neno de primaria aló en Ribadeo, creo que algunha aínda está en pe, non sei das que plantei eu camiño do faro.

Tamén teño patrocinado a plantación de algún máis ao longo destes anos.

Teño dúas fillas co que dupliquei a esixencia do aforismo.

Non sei se darei escrito un libro. Teño escrito moito, textos de teses políticas pasa asembleas e congresos, iniciativas en corporacións, intervencións en mitins, algún que outro artigo para algún medio, folletos varios, pero libro o que se di libro libro… non.

Se cadra isto é un caderno de prácticas, xa se verá, xa verei.