Unha pequena engádega. Veño de ver con ledicia un inserto de Miguel Guti en Galiza na transición.
Este cartaz que saíu da miña man, daquela gostaba de debuxar mouchos -animais que ollan intelixentemente o panorama-, e que non lembraba, refrescoume aquelas datas. Lembro que un grupiño de nacionalistas de esquerda decidiramos facer unu recital das famosas Voces Ceibes. Daquela andabamos Antonio Fernández Oca, Manolo Moreda, Tino Lombardero meu primo, Lalo, eu e outros que non veñen a conto cismando xa en que algo había que facer. Os que estudiaban en Santiago mediciña trouxeran o contacto con esta xente, e aló fomos.
Daquela, meu pai, Mario López Durá, estaba de secretario no Instituto -compatibilizaba a mediciña co ensino do francés-, e foi el que amañou para que naqueles tempos de certa escuridade puidesemos organizar o recital no salón de actos do instituto. Tamén coplaborou áis adinate deixando o baixo da nosa casa no Cantón para uso da Agrtupación Cultural “Francisco Lanza” .
O cartaz tivo unha pequena “sabotaxe” chamándome burro por poñer 7 1/2 no canto de 19.30, certamente non era correcto, non sei se o fixen adrede ou foi un erro. Tanto ten!
Comentarios recentes