Select Page

“Hegel di nalgunha parte que todos os grandes feitos e personaxes da historia universal aparecen, coma se dixésemos, dúas veces. Pero esqueceu de engadir: unha vez como traxedia e a outra como farsa”.”Der Achtzehnte Brumaire des Louis Bonaparte” Karl Marx 1852

“Os homes fan a súa propia historia, pero no a fan ao seu libre albedrío, baixo circunstancias que eles propios escollen, senón baixo aquelas circunstancias nas que se atopan, que existen e que lles foron legadas polo pasado” segue o texto citado case que ao inicio, e isto ven a conto de que eu percibindo en moitos de nós que cremos coñecer e actuamos cun como se chama agora “adanismo” que deixa en cativo nivel as nosas análises á luz da historia, aínda que sexa ben recente.

Hai pouco en diálogo cun “amigo” de redes social sobre o vello PSG  soltoume algo sorprendente: “Ao final remataron no PSOE e xa está”.

Nin que dicir ten que as cousas nin foron nin son así, polo que decidín esculcar nas miñas carpetas e atopei un breve resumo en fotocopia da andaina inicial do PSG ate decembro de 1977 redactada para dar a coñecer o partido en relacións con outras forzas e xentes xa daquela. Escaneeino e  reescribino tal cal a un tipo de letra máis lexíbel. Creo que debo partillar.

O PSG definíase como “partido nacionalista galego”, “procedente do galeguismo histórico, da mocedade galeguista e do socialismo republicano” defendendo un “socialismo galego, feito en Galicia pensado pra Galicia, con proxección internacional”.

Axunto o texto completo no que –cunha grafía do galego peculiar pero moi propia daqueles anos que eu respeto- para un lector espelido dá claves do que se estaba a vivir dentro do PSG na reconstrucións das distintas pulsións dentro do socialismo español e a súa repercusión no galego, inciativas loábeis como os documentos comuns UPG-PSG, os inicios da Asemblea Nacional-Popular, as Bases Constitucionais, o Consello de Forzas políticas Galegas, etc…. Aproveito para poñer como imaxe unha “pegata” que saíu da miña man daquela.
psg MIX