Repensando e repasando algunhas lecturas, así como tendo presentes algunhas vivencias máis ou menos recentes, non deixa de seguir sorprendéndome a vixencia de cousas como o famosísimo e moi mencionado “1984” de George Orwell ou o lúcido “LTI” de Victor Kemplerer.
“A linguaxe do vencedor… non se fala impunemente. Esa linguaxe respírase e vívese segundo ela», Kemplerer.
https://www.hislibris.com/lti-la-lengua-del-tercer-reich-%E2%80%93-victor-klemperer/
“La guerra es la paz” “La libertad es la esclavitud” “La ignorancia es fuerza” son as máximas que o Partido da Oceania orweliana pretende inculcar para o control total das persoas. Orwell
http://www.misteriosaldescubierto.es/2015/03/1984-es-ahora-la-guerra-es-paz-la.html
A perversión da linguaxe, a contorsión dos significados que fan posible mesmo que unha cousa poida significar unha cousa e a contraria, é algo que sen dármonos conta estamos a recibir e mesmo a practicar inconscientemente. É o mesmo o nacionalismo de Putin ou Trump que o de Castelao poñamos por caso? Pode a mesma palabra acubillar un imperialismo asoballador e un movemento de liberación nacional? Disto apuntarei algo noutra ocasión.
Un clásico é o termo “guerras preventivas” que se nos vende como guerras que serven á paz, ou “danos colaterais”, danos que se provocan co obxectivo de seren mesmamente os centrais dunha ofensiva e non charamuzas dun non querido inocente descontrol.
A min, persoalmente hai un “palabro” de moda que me ten chamado moito a atención, e que utilizamos sen dolo, é o famoso “relato” que veu substituír a xeito de neolingua orwelliana toda unha familia semántica que vai dende “discurso” ate “programa”. “Relato” sóame a sinónimo de “conto”, no que o contido pasa a ser subordinado á forma, o importante é construír o relato, o que se conta, o que se comunica e como se comunica, o que fica devaluado é o contido, o significado
Comentarios recentes