Select Page

Onte asistín a un acto de despedida dun mozo, fillo dun bo amigo, que morreu nun accidente de tráfico, sen avisar, como adoitan acontecer estas desgrazas. Un acto emotivo, de poñer as sensibilidades a flor de pel e de ollos húmidos, cando non de saloucos. Pero non é iso o que me ficou mais vívido, máis marcado.

Hai quen di que a Patria é simplemente onde se nace, hoxe pouco válida tendo en conta as velocidades que se usan para desprazarse -e a diáspora na que se as xentes se ven por mor da chamada “globalización” ese “palabro” que para moitos de nós significa que nos rouban as nosas crianzas-, por iso cada vez é de máis difícil aplicación.

“A verdadeira patria do home é a infancia” (sic) dixo Rainer María Rilke

“A verdadeira patria do home é a infancia” (sic) dixo Rainer María Rilke. Pode ser que  as pegadas da infancia sexan determinantes de con quen e onde nos identificamos, colectivizamos a nosa presenza neste planeta. Certo.

Hai outras patrias que non son máis que ladaíñas retóricas con afán electoraleiro e para xustificar unha disputa por unha hexemonía política, significantes líquidos que poden adaptarse a calquera recipiente que utilicemos, mesmo formas contraditorias, pode ser un patriotismo galego igual a un patriotismo español simplemente por acollérense ao mesmo substantivo?

“Nación é unha comunidade humana estábel, historicamente formada e xurdida sobre a base a comunidade de idioma, de territorio, de vida económica e de psicoloxía, manifestada nunha comunidade de cultura”.

Se cadra, para os que coma min son soberanistas, independentistas, patriotas ou como queiramos chamarlle a máis acaída sexa a consabida de sempre de Stalin:

“Nación é unha comunidade humana estábel, historicamente formada e xurdida sobre a base a comunidade de idioma, de territorio, de vida económica e de psicoloxía, manifestada nunha comunidade de cultura”.

Pero non é diso que quería escribir. Onte aprendín outra patria, a da panda dos e das amigas: “Lembro a cantidade de cousas que fixemos xuntos por primeira vez”. Esta foi frase que varias das intervintes utilizaron para lembrar os momentos intensos vividos en común co rapaz ausente. Creo que non se referían -polo menos só-, ao que topicamente podemos entender pola primeira vez. Había unha complicidade pilla, gamberreta, de amizade implicada, de risos afogando saloucos e viceversa, que me pareceu realmente fermoso.

“Panda de amigos e amigas facendo cousas por primeira vez”.

Unha nova definición de patria que veño de aprender: “Panda de amigos e amigas facendo cousas por primeira vez”.

Xa sei que eles gostarán de algo máis ao seu aire, pero a min gostaríame que escoitasen isto: