Os virus varían e mutan, pero Nós seguimos a ser os mesmo bechiños.
Seguindo o relato de Camus vou escolmando anacos que vexo de interese e que caracterizan a evolución da cidade de Orán, pechada en si mesma pola peste bubónica, e con certas concomitancias co que estamos a vivir neste confinamento primaveral do Coronavirus. Seica os virus son uns expertos na mutación: Nós, humanos, non deixamos de ser o mesmo bichiño despois de varias décadas, ainda que tamén, hai que recoñecelo, estamos a percibir alguhas mutacións, sobre todo nos temperamentos por mor do peche.
IV. As liortas nas portas da cidade, ás que os xendarmes tiveron que facer fronte coas súas armas, provocaron unha forte axitación.
De seguro que houbo mesmo algún ferido, pero xa se falaba de mortos por toda esta cidade na que todo se esaxeraba por efecto da calor e do medo. E verdade, en todo caso, que o descontento non paraba de medrar, que as autoridades temendo o peor tiñan preparado medidas seriamente para aplicar no caso en que a poboación, baixo a presión da praga, chegase á revolta. Os xornais publicaban decretos que anovaban a prohibición de saír e ameazaban con penas de cadea aos infractores. Patrullas percorrían a cidade. De repente, nas rúas desertas e abrasadas, víanse avanzar, precedidas polo ruído dos casco sobre o empedrado, gardas a cabalo que escoaban entre as dúas filas de fiestras pechadas. De vez en cando, estalaban disparos as equipas encargadas, segundo unha recente ordenanza, de cargarse os cans e os gatos que puideren transmitir as pulgas. Estes estoupidos secos contribuían a aumentar na cidade a atmosfera de alerta.
V. A pesares da falla de papel que cada vez era máis extrema, e que forzou a varios xornais a reducir o seu número de páxinas,
… apareceu un novo: “O Correo da Epidemia” que se auto asignaba como tarefa “ informar aos cidadáns, coa garantía da máis escrupulosa obxectividade, dos progresos e dos retrocesos da enfermidade; de subministrar testemuñas das máis autorizadas sobre o devir do andazo; de prestar apoio dende as nosas columnas a todo aquel, coñecido ou non, disposto a loitar contra a praga; de levantar a moral da poboación, de transmitir as directrices das autoridades e, nunha palabra, de unirmos todas as boas vontades para loitar eficazmente contra o mal que nos axostra” En realidade, este xornal rapidamente fartouse a publicar anuncios de novos produtos, infalíbeis todos eles, para previr a peste.
Comentarios recentes