Select Page

Hoxe escolmo uns anacos que Camus adica ao voluntarismo e determinación dalgúns oraneses fronte a resignación cristián orneada dende os púlpitos.

VIII. O narrador no tiña intención de darlle mais importancia a esa cuadrillas sanitarias da que tiñan. Outros moitos dos nosos concidadáns no seu lugar cederían á tentación de esaxerar ese traballo. Pero o noso narrador está máis tentado de crer que dando demasiada importancia a esas boas accións, estaríase a fin de contas facendo unha homaxe indirecta pero poderosa ao mal.  Pois deixaría entrever a sospeita de que esas boas accións non custan tanto porque son raras e que a maldade e a indiferenza son os motores máis comúns nas accións das persoas. Pero esta é unha idea que o narrador non comparte. O mal que hai no mundo vén case sempre da ignorancia, e a boa vontade se non é ilustrada pode facer tantas desfeitas como a maldade. Os homes son máis ben bos antes que malvados, pero en verdade ese non é o asunto. Ora ben, ignoran en maior ou menor medida, sendo a iso ao que se lle chama virtude ou vicio, o vicio máis desesperanzador é o da ignorancia que cre saber todo e que se permite a si propio matar. A alma do verdugo é cega e non hai verdadeira bondade nin amor verdadeiro sen a máxima clarividencia posíbel.

IX. Os que se entregaron en corpo e alma as cuadrillas sanitarias non tomaron grande esforzo en facelo,

… sabían que era o único que se podía facer e non era cousa de negarse porque tería sido incríbel. Estes grupos axudaron aos nosos concidadáns a ir máis aló dentro da peste e persuadíronnos en certa medida de que, xa que a enfermidade estaba presente, era preciso loitaren contra dela. A peste ao converterse en obriga duns poucos, converteuse realmente no que era, un asunto de todos.

X. Moitos dos recentemente apuntados ao moralismo na cidade andaban a dicir que nada servía e que era preciso axeonllarse.

Pero Tarrou, e Rieux, e os seus amigos podía utilizar un argumento ou outro, pero a conclusión era sempre a mesma e que tiñan moi clara: era preciso loitar dun xeito ou doutro pero nunca poñerse de xeonllos. Trataba simlpemente de evitar que a maior cantidade de persoas morresen e coñecesen a ausencia definitiva. E para iso só había un método que era combater a peste. Non era un grande achádego, pero era totalmente consecuente.