Sigo co Camus. A verdade que vexo un problema ao traducir “homme/s” porque moitas veces hoxe non sería correcto e non inclusivo, máis ben habería que traducir por “persoa/s”. Son consciente diso pero respecto o orixinal.
XII. Así pois, ao longo das semana, os prisioneiros da peste levábano como podían. Algúns, como Rambert, chegaban incluso a imaxinar, ben se vía, que aínda eran homes libres, que aínda tiñan libre albedrío. Pero, de feito, daquela xa se podería dicir, a meiados de agosto, que a peste abarcaba todo. Xa non había destino individual, só unha vivencia colectiva que era a peste e sentimentos compartidos por todos. O máis grande era a separación e o exilio co que conlevaba de medo e de revolta.
XIII: Dentro da propia cidade, chegouse a pensar en illar algúns barrios especialmente afectados e non autorizar a saír máis que a homes cuxos servizos fosen indispensábeis.
Os que vivían xustamente neses non podía deixar de pensar que esa medida era intimidatoria e especial contra deles, e por comparación vían os habitantes doutras bairradas eran homes libres. Estes, pola contra, atopaban un certo alivio, en momentos tan difíceis, vendo que outros aínda eran menos libres. “Sempre hai alguén máis prisioneiro ca min” era a frase que mellor resumía a única esperanza posíbel.
XIV. Despois de ter explicado en vano que a desinfección das casas levada a cabo polas autoridades era abonda para evitar todo risco de contaxio,
…foi preciso tirar dun edicto establecendo penas de prisión moi severas contra estes inxenuos incendiarios. E sen lugar a dúbidas, non foi a idea da cadea que fixo parar estes desventurados, senón a certeza patente a todos os cidadáns de que unha pena de prisión equivalía a unha pena de morte debido á elevada mortaldade que se daba na cadea municipal.
XV. Foron estes incidentes [saqueos] os que levaron as autoridades a igualar a alerta sanitaria co estado de sitio e a aplicar as leis correspondentes.
Fusiláronse dous ladróns, e non foi seguro que isto provocase moita impresión, porque no medio de tantas mortes, estas dúas execucións pasaron inadvertidas: unha pinga de auga no océano. E, a dicir verdade, escenas como esas repetíanse con certa frecuencia sen que as autoridades fixesen acenos de intervir. A única medida que semellou impresionar a todos os habitantes foi a instauración do toque de queda. A partires das 11 e durante toda a noite, a cidade era de pedra.
Comentarios recentes