Cabelo de Anxo. A verdade é que non sei como se lle chama en galego a este doce.
Collemos cabazas das chamadas cidras. Tronzámolas ben, ollo son moi duras, un bo método é escachalas contra o chan. Retirámoslles as pebidas e botamos a cocer os cachos con casca e todo, unha hora aproximadamente en abondosa auga.
Unha vez cocidas retiramos a polpa esfiándoa cun garfo rañando contra a casca, hai que retirar ben toda para aproveitala ao máximo. As febras resultantes bótanse a escorrer premendo coas mans para que perdan bastante auga da cocción.
A seguido poñemos nuha ola a polpa resultante e azucre a gusto do consumidor aproximadamente entre o mesmo peso que de polpa e ¾, eu fago nesta proporción. Ferver mainiño remexendo ben cunha culler de pau e deixar reducir algo o zume que solta. Ao final engadir o zume dun limón.
Preparar os tarros esterilizados e proceder ao baño María unha media hora. Na neveira, sen esterilizar aguanta bastante dependendo da saturación de azucre. Dá moi ben para tartas de follado ou simplesmente como doce para untar.
Comentarios recentes