INGREDIENTES
Cogombros a ser posible sen madurar moito para que no teña moita semente. Vale calquera tamaño.Vinagre de viño branco. Especias e herbas variadas: mostaza en gran, xenxibre en po, grans de pementa, eneldo, admite o que che guste. Azucre. Auga e sal gordo.
Corta os cogombros consernado a pel nun tamaño regular ao teu gusto, non moi finos e ponos nun coador con un bo puñado de sal gordo unha media hora, despois pasa por auga lixeiramente baixo a billa e deixar escorregar ben. Méteos nun recipiente e cóbreos co liquido quente.
PREPARACION DO LIQUIDO
Isto vai depender da cantidade que precises para cubrir os cogombros: Auga e vinagre as partes iguais, azucre ao gusto, pero unha boa cullerada, as especias e herbas. Non precisa engadir agora máis sal.
Levas xusto a comezar a ferver e botas por riba no tarro dos cogombros. Deixar repousar na neveira un dia, nela aguanta durante varias semanas. Para facer conserva tes que esterilizar os tarros e poñer ao Baño María a ferver, uns 15–20 min, non precisa moito porque ten bastante vinagre, se te pasas de tempo quedan “cocidos”.
Comentarios recentes