Veño de ver o filme “O que arde” teño que dicir que me impactou fortemente. O sentimento de empatía, de ser o mesmo que as persoaxes, aló no fondo, é vívida.
Á marxe das distancias biográficas de cada quen alí está o cerne, a humanidade e mesmo o ADN simbólico de todos nós galegos de nación. Grande Laxe que consigue esa penetración supraliminar. Inquietante, auténticas as xentes. Incógnitas suxeridas, verdades filtradas. A Benedicta unha autentica icona da nai-muller soporte dun mundo.
Un incendio pavoroso que arrasa con ese mundo, unha xente que asiste atónita ao que intue.
Véuseme ao maxín “Apocalipse now”, os Doors co seu “This is the end my friend …” sublimado na magnífica banda sonora do fin da peli.
Tamén hai un aquel de extinción, de remate dun mundo, de solpor resignado?… de Ocaso?
Comentarios recentes