Select Page

 

Como isto vai para longo demorei moito seguir co meu “La peste” de Camus, teño unhas páxinas sen rematar, como se non puidese facelo mentres esta praga que nos asola non dea rematado. Será unha secuela anímica?

Leo na novela:

“Aquela semana, as estatísticas caeron tan baixo que unha vez consultado o comité médico, a Prefectura anunciou que a praga podía considerarse contida. O bando engadía, certamente, que para ser prudentes, algo que contaría seguro coa aprobación da poboación, as portas da cidade permanecerían pechadas un par de semanas máis e as medidas profilácticas outro mes a maiores. Nese período, ante o menor síntoma de perigo podería reconsiderarse o remate e “este statu quo debería prorrogarse e as medidas mantidas por un tempo”. Todo o mundo, sen embargo, quixo entender esas frases como simple retórica oficial e, á tardiña do 25 de xaneiro, unha leda axitación encheu a cidade. Para unirse a esta celebración, o prefecto deu orde de proceder ao acendido da iluminación pública de tempos normais. Na rúas iluminadas, baixo un ceo frío e puro, os nosos concidadáns deron en espallarse en grupos ruidosos e rexoubeiros.”

Cambiade xaneiro por xullo -que tamén comeza nun x-, e estaremos na “nova normalidade”. O que veu despois e ben coñecido, votamos, pasou o que pasou e así seguimos, coas dúas pestes a todo trapo. O de Camus era outro conto.