Select Page

É ben sabido, e tense escrito moito sobre diso, da hecatombe gatuna que induciu a súa satanización pola Igrexa Católica, provocando unha persecución que deu nunha proliferación desmesurada das ratas e ratos, por ausencia do depredador nato, vehículo idóneo para á propagación da peste negra na Europa do século XIV, praga que deixou reducida a poboación dalgúns lugares a un terzo da que tiña antes do andazo.

https://culturacolectiva.com/historia/la-gran-matanza-de-gatos-influyo-en-la-proliferacion-de-la-peste-negra

Non sei si daquela no Bizancio medieval deran tamén en exterminar os gatos pero o caso é que na Istanbul de hoxe hainos a milleiros. Fálase de centos de milleiros, e eu créocho.

https://misanimales.com/estambul-ciudad-de-los-gatos/

Non só viven moitos senón que están fortes, contentes e ben nutridos, cunha aparencia saudábel, dunha pelaxe lustrosa e ben corida. Hainos atigrados, tricolores –que xa sabedes que esas son femias todas- , de cores lisas, de toda capa que poidades imaxinar.

Son simpáticos e confiados o que fai pensar nunha convivencia harmónica, se cadra mutuamente interesada. Moitas tendas teñen bebedeiros na porta, algunhas comida onde estes transeúntes felinos non dubidan entrar tan campantes e facer uso deses regalos.  Supoño que a cambio diso cazan ratos, cousa xusta.

Tamén fan regalo espontáneo duns cariños e aproximacións curiosas a quen se sente e agarde un pouco, … sobre todo se o fas ao sol.