A Coruña sen pardais?
Hai un par de anos que veño observando unha diminución drástica dos pardais na nosa cidade. Aínda hai ben pouco estes simpáticos paxariños viñan comer as migallas que caían das nosas mesas cando estabamos nunha terraza dun bar o cafetaría, hoxe case nin se ven.
Que está a pasar?
https://www.traveler.es/naturaleza/articulos/causas-desaparicion-gorrion-espana-europa/16146
Como sostén este artigo, e eu concordo, os pardais son un sensor da saúde das nosas cidades e as causas do seu declive son moitas pero todas teñen a ver coa actividade humana e coas transformacións que se están a inducir. Que aconteceu na Coruña estes dous últimos anos para esa caída en picado? … ou simplemente é un proceso que vén de lonxe e está a acelerarse por ter chegado a un número tan exiguo como para non poder manter unha poboación estábel?
Veño de estar na cidade holandesa de Enschede – como haberá que dicir agora que Holanda é Paises Baixos?-, moi arborada e agradábel dende punto do medio ambiente. Vin moitos pardais nos arredores, vin moitos comedeiros e moitos niños artificiais nas casas. Terá algo que ver? O caso é que era unha ledicia velos recouchiar e esponxarse para combater o frio.
Comentarios recentes