BISCOITO DE CABAZA
Despois destes excesos cucurbitáceos samainescos, que mellor que aproveitar os restos con esta receita que me deu a miña amiga PIlar?
INGREDIENTES
250 gr. fariña, 200 gr. azucre, 3 ud. ovos, 150 cl. de aceite suave, 200 gr. cabaza docecor laranxa crua rallada, 1 sobre de Royal, Chisco de sal.
Bater os ovos co aceite e o azucre, ir engadindo a fariña peneirada e o sobre de Royal, ao final xuntar a cabaza rallada, remexer ben.
Preparar molde con manteiga e enfariñado. Meter no forno a 175 º durante 35-40 min. Comprobar con agulla a cocción.Deixar refriar sobre unha superficie que transpire, reixa, madeira, etc…
Comentarios recentes