Select Page

Do mellor de Bach, que non é pouco!

 

Espero que vos guste este coral que para min é bestial! Como vos dicia é do mellorciño de Bach ao meu parecer, non sei por que pero sempre me pareceu conmovedor. O pobo xudeu chorando o seu exiliio nas ourelas do Eufrates debecendo pola Patria perdida. Parece que se escoita o marmurio das augas e os queixumes das xentes, tremendo baixo o xugo de Nabucodonosor. Moito mais terribel que o famoso “Va pensiero” de Verdi.

Creo que é unha boa escoita ante o Dia da Patria, como lenitivo para todos os que sofremos a dor da Patria. Recomendovos esta escoita para a véspera, abramos os ouvidos e escoitemos o lamento. Iso a véspera porque contra vento e marea o Dia da Patria é o día da celebración de sermos galegos e galegas de nación. Algún dia veremos a Patria liberada?