Select Page

Tiña pensado darlle voz só ao Albert Camus para non falar deste pesadelo que nos veu de imprevisto e que está a trastocar todo, todo, mesmo a maneira de razoar.

Non digo nada dos media porque eses sempre estiveron ao que estiveron, pero o que vexo as rrss mete medo o que nos está a pasar.

 

Estou vendo que dado o nivel de que “quen non está comigo está contra min”, que impera nos media do réxime e despois, irradiado ás rrss con isto da pandemia, que me veu á cabeza aquilo do senador USA Hiram Johnson na primeira guerra mundial que dixo: “The first victim when war comes is the truth”. Pero sabendo que hai máis que unha verdade tal e como van as cousas eu deixaríao en que a primeira victima dunha guerra é a razón.

Tamén 25 años despois, durante a Segunda Guerra Mundial, Winston Churchill dixo in times of war the truth is so precious that it should be protected by a bodyguard from lies” frases moi acaidas no seu contexto histórico, seguen ater unha vixencia alucinante a dia de hoxe debido aos grandes avances nas comunicacións.

Xa, xa sei que para iso tamén hai unha frase, de Clausewitz, “A guerra non é simplemente un acto político, senón un verdadeiro instrumento político, unha continuación das relacións políticas, unha xestión das mesmas con outros medios.

Cando baixe a marea que vai ficar?

Dito isto, vexo que a necesaria sensatez, cooperación, entendemento e respecto por todo o mundo, polas competencias de cada quen, brilla pola súa ausencia. Hai moito arrime da brasa á sardiña de cada quen, con inminencia electoral ou sen ela.

Non se pode argumentar, non se pode matizar porque automaticamente pasas a ser cómplice da ultradereita desbocada, non se pode opinar sobre o que ti pensas que sería mellor porque automaticamente ubícante no bando errado.